Cando decidín facer sudadeiras para os "catro amigos" que seguen o blog, nin se me pasou pola cabeza que ía a chegar a este punto (130 pedidos en menos de un mes!), pero xa que a cousa parece que avanza, decidín intentar facer as cousas ben.
A semana pasada rexistrei a marca "surf costa da morte" co seguinte logo

A partir de agora, os deseños que saque, sexan como sexan, levarán ese logo en miniatura nalgún lado da prenda como distintivo, cual cocodrilo de lacoste, pero con máis clase jajaja
Hoxe saltei o muro do veciño para disfrutar do seu estudio de fotografía que ten montado en casa, con flashes profesionais, paraugas reflectores...etc e ademais de aprender un par de trucos aproveitamos para sacarnos unhas fotos coas sudaderas e algunhas das cores que están saíndo

Aquí temos a yaiza posando cunha sudadera último modelo ;) anticipándose á moda que arrasará no mundo enteiro este inverno xD

Roberto, cazador cazado cunha sudadeira azul marino zafiro. Vaia xoias de cámaras que ten o condenado.


Tamén fixen un chaleco con un montón de bolsillos pola parte dianteira (moi de fotógrafo:) que non quito de encima

Debido ao coste do rexistro da marca que teño que intentar amortizar e do choio que me deron estes pedidos (envíos, pagos, impagos, quedadas, chamadas, tallas que non serven...etc), tal e como avisei, decidín dar por rematada a "oferta de lanzamento" e as sudaderas e chalecos pasan a costar 30 €
Ademais, se pretendo que algunhas tendas (como Raz a partir da semana que ven) vendan algunha sudadera miña, non podo pretender facerlles a competencia cun precio tan ridículamente barato.
En fin, elaborei un informe que, se cubrides, introducirame automáticamente os datos do pedido nunha ficha de excel para levalo todo coa mellor organización posible
No hay comentarios:
Publicar un comentario